viernes, 27 de febrero de 2009

Segovia



ALCÁZAR DE SEGOVIA
O Alcázar de Segovia é un dos monumentos máis destacados de Segovia, España, alzase sobre un cerro na confluencia dos ríos Eresma e Clamores.
Construido entre os séculos XII e XVI, foi numerosas veces restaurado e ampliado, posiblemente dende Alfonso X ata Felipe II. A este último se debeu o seu aspecto actual, a súa "silueta" o fai único entre os castelos españois.
Na Idade Media, por seguridade como pola proximidade de zonas de caza, o Alcázar convirteuse nunha das residencias favoritas dos Reis de Castela, en especial de Alfonso X. Foi habitado moitas veces e chegou a ser un dos máis suntuosos palacio-castelos no século XV.
A fortaleza serviu posteriormente como prisión do Estado ata que en 1762 Carlos II fundou en Segovia o Real Colexio de Artillería que tivo a súa sede no alcázar. En 1862, un incendio destruiu as suntuosas techumbres das salas nobles, que puideron ser reconstruidas fielmente con posterioridade grazas a existencia de grabados.
En 1931 foi declarado monumento histórico artístico. No ano 1953 creouse o patronato do alcázar que é o responsable do museo que se pode visitar no seu interior.
A distribución do castelo se articula en dúas áreas:
a exterior cun patio
herreriano, foso, ponte levadizo e a torre do homenaxe.
E a interior que inclúe unha
capilla e varias salas nobles (sala do Trono, da Galera, das Piñas, dos Reies, etc.) que poden visitarse na actualidade.
Destaca a moi bela
torre do homenaxe, cadrada con catro torreones, estancia cuberta de cañón apuntado e ventanais xerminados. Foi levantada por Xoán II e en un principio sirveu de sala de armas.
No interior, os salons e estancias foron decorados con gran luxo e beleza por pintores e artistas. Actualmente, alberga un Museo de Armas e Archivo Militar.










O ACUEDUTO DE SEGOVIA
É un dos monumentos mellor conservado que deixaron os romanos. Se trata do símbolo máis importante de Segovia, tanto como que figura no seu escudo.
Aínda non se sabe con certeza cando foi construído, xa que non hai ningunha inscripción.
O acueducto conduce as augas do manantial Fuentefría, situada a 17km da cidade, nun paraxe denominado La Acebeda.
O acueducto de Segovia, localizado na emblemática praza do Azoguejo, é o símbolo distintivo da cidade; desconocese a fecha da súa construción, que puido levarse a cabo a finais do século I a principios do século II, e trátase da obra de inxeñería civil romana máis importante de España. Foi realizado cuns 25.000 sillares de granito unidos sen ningún tipo de argamasa. Ten unha lonxitude de 818 metros, consta de máis de 170 arcos e a súa parte máis alta mide 29 metros, medida que alcanza no Azoguejo, a súa zona máis visitada.






LENDA DO ACUEDUTO DE SEGOVIA

Érase fai anos, na cidade de Segovia, unha criada que tiña que ir todos os días ao río a por auga, e estaba tan cansada de facer sempre o mesmo que invocou ao demo, díxolle “ se fas que a auga chegue do río á casa do señor, onde eu traballo douche a miña alma. Cunha condición, que o tes que facer durante a noite, antes de que saia o primeiro raio de sol”.
O demo todo contento púsose a traballar no que hoxe é o Acueducto de Segovia. Cando só lle quedaba unha pedra púxose todo chulo bailando, e pasaron uns minutos e saíu o primeiro raio de sol. O demo todo enfurecido por ter perdido, foise e a criada puxo a última pedra e quedou toda contenta, pois o demo non conseguiu a súa alma e ela non tivo que ir ao río máis veces.
Hai quen dí, que nas pedras do acueducto aprécianse as marcas do demo.

Outra lenda moitos menos coñecida, atrubúe á construción do Acueducto á mítica civilización atlante, supostamente desaparecida miles de anos antes do nacemento de cristo.

Patricia, María e Andrea

No hay comentarios:

Publicar un comentario