sábado, 28 de febrero de 2009

Carreira de San Xerónimo



A Carreira de San Xerónimo é unha rúa que comeza na Porta do Sol e remata na Praza de Neptuno. Esta rúa, está situada no Barrio das Cortes, por suposto situada no Distrito Centro de Madrid.
Algúns dos edificios moi próximos á rúa son, o Pazo das Cortes, que na súa entrada, posúen os dous famosos leóns, feitos de bronce de cañóns da Guerra de África (1886), realizados por Ponciano Ponzano. Todo este pazo, alberga O Congreso dos Deputados. Fronte ao pazo, vemos unha estatua, en honor do famosísimo escritor español, Miguel de Cervantes. Ademais diso, temos un gran conxunto de pinacotecas/museos de pintura. Aqueles museos son, o do Prado, unha das mellores pinacotecas de Europa: Conteñen un gran conxunto de cadros de pintores españois famosos, da idade media e tamén algunha contemporánea. Entre eles están Goya, Velázquez...e moitos máis cadros diversos doutros lugares; o museo Reina Sofía, unha pinacoteca de arte contemporánea e o museo Thyssen-Bornemisza, un edificio de estilo neoclásico, rematado no século XIX. Despois temos, máis lonxe de aquí, o Hotel Ritz, fundado por Alfonso XII e considerado, un dos mellores do mundo; o Pazo da Bolsa de Madrid (antigamente chamado Pazo da Bolsa do Comerzo), tamén de estilo neoclásico. É una emblemático edificio, xa que no seu interior albergase a bolsa española: o Ibex 35. Tamén temos o edificio da Real Academia Española (RAE), onde se elabora o maior dicionario español, con todas as palabras da linguaxe española, inaugurado en 1894.






Edificio da RAE (Real Academia Española)




Museo do Prado(Foto do medio)

No hay comentarios:

Publicar un comentario